4 de dezembro de 2012

Coloquio cos funcionarios do Concello de Riveira


O venres 23 de novembro, tivemos a oportunidade de falar con varios funcionarios do concello de Riveira e coñecer a postura tanto persoal como a do concello respecto ó parque natural de Corrubedo e os problemas sociais que causou a súa declaración.

Puidemos ver as distintas opinións que hai dentro do mesmo concello.

No que coinciden é que a declaración como parque mellorou a protección do parque, como a limitación de actividades, entre elas a prohibición de acceder en automóbil ou impedir a extracción de áridos. Un dos funcionarios dixo literalmente: “faltaban 800000 ptas para a festa, polo que empezaron a carrexar camións de area 

 En canto ao que nos din sobre a opinión dos veciños, estes están fartos de tantas prohibicións, xa que as medidas son moi excesivas. Tamén é certo que xa tiñan os terreos afectados antes da declaración do parque xa que moitos tiñan as súas propiedades en dominio público (próximas á costa). Aínda que na actualidade os veciños van aceptando pouco a pouco o parque natural, e que tiveron acceso a axudas económicas.

 Tamén tivemos a oportunidade de ver como afectou o turismo á zona. Unha das posturas é que coa declaración como espazo protexido, hai unha maior influencia de turistas, o que causa unha maior degradación, aínda que a influencia dos turistas viuse limitada coa prohibición de subir á duna, algo que é moi cuestionable por parte dun dos funcionarios “Ti chegas á duna,vela e dislle ola!”

 No concello vimos que se opuxeron á construción da piscifactoría, tanto polo seu emprazamento como pola actividade que se ía levar.

 A solución que nos propoñen os funcionarios para os problemas veciñais é a elaboración dun plan rector para desta forma saber os usos do solo e en que sitios se poderían facer.

 Por último, ven o parque natural en 50 anos de distinta maneira, por unha parte hai quen nos di que a duna desaparecerá debido á subida do nivel do mar, outra opinión é que desaparecerá  ou haberá un cambio na mentalidade das persoas en canto á conciencia medioambiental.
 
Cres que as administracións locais se deberían involucrar máis cos veciños?
 

Anibal Mejuto

Adriana Rodriguez

Mateo Varela

2 comentários:

  1. Na miña opinión débense limitar perfectamente os límites do parque tanto para a sua protección ambiental como para comodidade e tranquilidade dos veciños.

    Por outra banda entendo as queixas dos veciños ante o gran número de prohibicións coas que se atopan na sua vida diaria ou se os límites do parque se introducen nas suas terras e propiedades. Pero creo que si se consigue conservar o parque en boas condicións no futuro e se atopan formas máis sustentables de explotalo turísticamente, este debería ser beneficioso de para a rexión tanto ambiental como económicamente. Estou convencido de que os veciños piden xogar un papel fundamental nesta tarefa, polo que as administracións deberían darlles máis importancia e ter en conta as suas opinións.

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que se deben limitar a facer BEN o seu traballo, se éste se fixera de xeito correto, cumplindo as leis, normas,...
    Que se acheguen aos veciños é un paso que deben dar todas as institución spara darse conta das limitacións que provoca o parque na zona, e sabendo os problemas socias pódese chegar a un solución dos mesmos facilitando a vida dos habitantes da zona.

    JULIA POZO

    ResponderEliminar