7 de dezembro de 2012

Entrevista ó alcalde de Ribeira. Cal será a súa postura?


O luns, 19 de novembro de 2012, reuininme co alcalde de Ribeira (PP), Manuel Ruíz, na casa consistorial para coñecer a súa visión e opinión sobre Corrubedo.
 
 
Manuel Ruíz, alcalde de Ribeira

Cree que as medidas tomadas para a conservación do Parque de Corrubedo son moi restritivas ou poderíase ampliar os usos do solo dentro do Parque?

En xeral non o creo, na miña opinión en algunhas zonas si se poderían levar a cabo actividades tradicionais, como actividades agrícolas . Pero en xeral, estas medidas si son necesarias. Pero de todos xeitos, creo que se debería elaborar un Pan Rector ou de usos, para que os veciños xa non teña dúbidas sobre o que se pode facer neste espazo e os conflitos mingúen. Ademais sería interesante que eses 300.000 visitantes que se acercan ó parque puidesen deixar algo nel. 

A declaración como Parque Natural deste espazo, cre que contribuíu realmente para a súa conservación?

En conxunto, si contribuíu a súa conservación, e en particular, pola saca de area que se daba na Gran Duna antes da declaración deste espazo, aínda que na miña opinión o acceso a Duna impedía o seu deterioro. Pero ó mesmo tempo, e imposible que coides algo se non ten unha vertente social, porque nese caso abandonase, de aí que na miña opinión a Duna debe ser visitada pero con control.

Cre que as medidas prometidas ós veciños se levan a cabo realmente a cabo?

É cuestionable que todas as medidas sexan levadas a cabo, dado que estas son multitudinarias e na actual situación imaxino que o orzamento non será moi elevado e nunca se poden cumprir todas

Sería necesaria unha ampliación do Parque?

Ampliar o Parque como tal non, pero xa se están levando a cabo medidas de protección cono o ZEPA ou LIC que se estenden ata o municipio de Porto do Son. E si estaría de acoro con protexer outras zonas pero non necesariamente pegadas ó Parque.

Cree que a opinión pública mellorou dende a declaración deste espazo en 1992?

Houbo unha gran problemática social, que aínda chega ata os nosos días a causa de que a concepción das terras muda, dende o momento da declaración do Parque Natural, os veciños son conscientes de que as leiras son diferentes. Pero non mudaron a concepción de que o Parque non aporta riqueza, o que xera un inconveniente.

Como ve o Parque dentro de 50 anos?

Sería preciso medidas para valorizar a economía do Parque pero mantendo valores naturais. Na miña opinión, se non se consegue dinamizar a economía neste espazo dificilmente se vai a conservar, poderíanse por exemplo realizar Rutas a Cabalo ou diversas rutas de sendeirismo para manter unido o Parque. Por tanto a economía é un dos motores do concello e se isto se fomenta, o Parque estará ben conservado.

En síntese que opinión ten do Parque?

A declaración de Parque, mudou a conservación do mesmo así como a opinión da poboación que reside tanto no propio Parque como en áreas próximas  do que é realmente protexer recursos naturais.

A raíz disto, dáse un importante movemento de persoas, pero falta remítome de novo ó pouco desenvolvemento da economía na zona, pois os visitantes, deberían poder acceder a servizos impulsados polos veciños o que lles permita sacar beneficio.
 
Por; Adriana Rodríguez

4 comentários:

  1. Interesante entrevista para ver o punto de vista de un alcalde da rexión, pero, como ocurre casi sempre nos nosos blogs as entrevistas con políticos non adoitan aportar máis que datos obxectivos e opinións que intentan satisfacer a todas as partes implicadas.

    A pesar de esto, vendo as respostas de Manuel, eu creo que intenta aportar valores medioambientais e de convivencia cos veciños (como político) pero ten un punto de vista demasiado económico do parque e dos seus usos e obxectivos

    ResponderEliminar
  2. Moi boa entrevista. Sempre está ben coñecer a opinión dos políticos, ainda que non conten nada novo e sexan sempre moi diplomáticos. Para a zona é importante os beneficios que aportan os visitantes do Parque, e por eso é importante a súa conservación nun bo estado. Non sei se os paseos a cabalo ou o senderismo é o idóneo para esto.

    ResponderEliminar
  3. Estou de acordo co alcalde en que se debería dinamizar máis a zona, xa que hoxe en día este parque non da moitos beneficios. Non digo montar aquí un complexo hoteleiro ou algo parecido, pero sí establecer unhas rotas dende as que se poida ver máis de preto o parque e así poder coñecelo máis a fondo.

    ResponderEliminar
  4. Todo poder político tende a ser diplomático e a sacar beneficios económicos, neste caso estou dacordo ca idea de Anibal, sería interesante a creación de roteiros na zona, e tendo en conta a aportación de Arturo, poden ser a cabalo, bici, ... O caso é o desenvolvemento do concello.

    un saúdo.
    JULIA POZO

    ResponderEliminar