16 de dezembro de 2012

Políticos, veciños … son intereses económicos ou realmente lle preocupa a conservación do Parque Natural?


Durante estas dúas semanas fóronse publicando diferentes entrevistas desde distintos puntos de vista sobre a Declaración como Parque Natural de Corrubedo. Desta forma comezamos esta investigación coa entrevista a concelleiros que  prefiren manterse no anonimato e que pensan que a declaración do espazo como Parque Natural mellorou a súa protección o restrinxir certas actividades como a extracción de area para construír, pero tamén recoñecen que os veciños non están de acordo con algunhas prohibicións nas súas propiedades. Por isto cren conveniente a elaboración dun plan onde se establezan con claridade os usos do solo.
A posición do alcalde é moi similar xa que tamén considera necesario a elaboración dun plan reitor para que os veciños non teñan dúbidas sobre os usos que poden facer nas súas terras, xa non so por estar dentro do Parque, senón porque estamos nunha área costeira. Outro factor que recalca o concello e o desenvolvemento económico, se se dinamiza o Parque pódese manter a súa conservación, e por tanto podería mellorar a posición dos veciños se puidesen sacar beneficio económico.
Cando se fixo a entrevista pola aldea de Olveira, pese a negación dalgúns veciños a falar connosco, outros que si o fixeron déronnos a súa visión canto a limitación nas súas terras que agora xa non teñen valor ningún.
Porén, a entrevista máis reveladora, e a dun veciño da parroquia de Carreira o cal estudou con profundidade,sobre todo nesta  parroquia, os efectos que tivo esta declaración como Parque. Este apórtanos datos curiosos, onde a labor da administración non foi tan clara como se pretendeu dicirnos cando realizarmos as entrevistas. Nin se recibiron as súas subvencións na maioría dos casos, nin se levaron a cabo desenvolvementos de agricultura ecolóxica e, incluso, viron limitada a posibilidade de facer vivendas nas súas terras cando as parcelas veciñas si estaban construídas, casualmente, por ser “amigos” dalgún membro do concello.

Quen ten razón?  se estas limitacións non fosen así , credes que as terras seguirían mantendo usos agrarios? Pensades que os veciños o único que lle interesa e a perda do valor económico das súas propiedades? Seguiría existindo este espazo como tal senón se levase a cabo esta protección e conservación?
Multitude de preguntas que estaremos agradecidos que poidades responder e dar as vosas opinións.

Por;

Begoña Pose

4 comentários:

  1. Como xa comentei en algunha entrada anterior eu opino que se debe deixar totalmente claro que se pode ou non se pode facer e ata donde, terra por terra, parcela por parcela.

    Por outra banda, ao mellor me equivoco, pero creo que as actividades tradicionais e agrarias non suporían unha degradación real para o entorno do parque se as comparamos coas consecuencias de unha masificación turística ou formas de explotación económica pouco sustentables.

    Respostando a outra das preguntas eu diria que de non existir o parque probablemente moitas das terras de cultivo que se viron afectadas por este estarían igualmente sen utilizar e moita da poboación, que agora pode ver algunha esperanza para a zona no parque, tería emigrado.

    ResponderEliminar
  2. Na miña opinión se en Corrubedo non houbese un parque natural, hoxe estaría totalmente urbanizado, e convertiríase nun pasaxe do pasado, nesta liña converter unha zona parque natural é algo moi positivo, dado que permite conservar a zona e mantela viva.

    Sen embargo, estou segura de que actividade habitual do rural non desgastaría o medio, senon que lle daría a realidade de ese entorno. Ademáis é posible levar a cabo desarrollo económico sendo sotibles co medio, quizá menos rentable? porsuposto que monetariamente sí, pero se o que queremos é un futuro con pasaxes teremos que ter en conta que ese menor beneficio ecónomico convertese nunha millonada falando en térmos de benestar, responsabilidade co medio, é integración.
    Un caso de esto último que comento, é o das Illas Cíes, son un negocio económicamente, o mesmo tempo que unha gran pasaxe natural.

    ResponderEliminar
  3. Eu penso que moitas das terras de cultivo as que lles afecta este plan non causarian un gran deterioro no parque natural sempre que se empregasen na actividade agraria, xa que na miña opinión producirían un maior deterioro no parque outro tipo de actividades como por exemplo a turistica se nn se levase un control.

    Por outra banda, penso que aos veciños interesalles máis a perda de valor económico das suas terras xa que debido o plan do parque non poden vendelas nin edificar nelas, que a propia protección e conservación do parque ou mesmo a actividade agraria que puidesen realizar nelas.

    ResponderEliminar
  4. Na miña opinión de non existir o parque natural, en moitos casos, as terras dos veciños estarían igual ca hoxe, sen utilizar; de aí que existan tamén intereses económicos por parte dos veciños. Sen embargo, penso que dende a declaración do parque como tal se tiña que ter definido con claridade o uso das terras, que no caso de empregarse nunha actividade agrícola ecolóxica coido que non suporía deterioro para o conxunto do parque.
    En canto á opinión do alcalde, estou de acordo con que debería existir un plan que regule os usos da terra pero, por desgraza, como moitas das ideas políticas, só quedará en intención e pasarán os anos e os veciños seguirán sen saber como sacarlles proveito ás súas terras.

    ResponderEliminar