Fai un par de semanas, Ánxeles Vázquez Mejuto (PP), alcaldesa de Melide, concello con amplas zonas de LIC Serra d´O
Careón, concedeunos unha entrevista para falarmos acerca do tema. Recibiunos no
propio despacho da alcaldía, cunha actitude moi activa á hora de falar do tema.
![]() |
Ánxeles Vázquez Mejuto |
A Protección neste espazo, mellorou ou privou de realizar infraestruturas
no LIC?
A falta de coñecemento non exime de
responsabilidades, ben é certo que estamos nunha zona rural, co cal,
cometéronse certas accións e non se pediron os permisos pertinentes, o que
supuxo que houbese multas que eu entendín que son descomunais. Agora estase
dando a información precisa e entendemos que o desenvolvemento rural da zona é
compatible, aínda que sexa de forma tradicional, co que é a conservación, neste
sentido, eu creo que se está a realizar un bo traballo dende a Consellaría, en
concreto entre Medio Rural e Medio Ambiente, porque xa saíu publicada a
normativa que, de aquí a un tempo, rexerá esta zona e é moito máis flexible e
ademais tamén da “as armas precisas” para podermos actuar desde o concello e
tamén desde as consellarías, porque eu creo que había moitas lagoas na lei no
que a estas zonas se refire.
Cal foi a reacción dos veciños ao se declarar este espazo como protexido?
Creo que non houbo reacción porque non
houbo información. A reacción veu a posteriori; cando a unha persoa lle esixes
moito, a reacción non é boa, claramente. Ben é certo que agora mesmo estase a
realizar por exemplo plantacións de arandos, e son conscientes de que o teñen
que facer de xeito tradicional, que a vexetación autóctona ten que estar… etc.
Nese sentido vaise aceptando, pero creo que tiñamos que ser moito máis áxiles
dende a administración.
Cre
que hoxe, 20 anos despois, variou a opinión sobre o LIC?
Procura dárselles información, pero ben é certo que o que
ten a propiedade nun LIC non está contento nen agusto con esa propiedade;
porque non pode facer as roturacións cando quere, non pode facer as plantacións
cando quere e non se lle permiten certas plantacións… Os veciños en si non
están a gusto. É certo que desde a administración temos que apoiar que estas
zonas se conserven, pero para iso a lei te que estar clara. Por outra banda,
creo que concellos como Melide ou Toques que temos amplas zonas de LIC,
teriamos que recibir outro tipo de axudas para facerlles a vida máis doada aos
veciños afectados, e iso non é así; hai unhas partidas e repártense entre toda
Galicia. Non é lóxico, non ten sentido.
Dentro
do espazo protexido levouse a cabo o levantamento dun parque eólico, que opina
disto?
Máis que a miña opinión, un alcalde ten que reproducir a opinión
dos veciños, e os veciños non entenden nada: por qué se deixa poñer un parque
eólico e non se deixa, por exemplo, desbrozar un terreo para poñelo a prado con
herba do país?. É ilóxico.
Prevese
o paso da A-54, autovía entre Compostela e Lugo, polo propio LIC, que lle
parece isto?
Esa foi unha loita que eu tiven, entando anteriormente na
alcaldía, logo na oposición e ben, agora mesmo está resolto. A lei di que se
pode compatibilizar o desenvolvemento dunha vía de comunicación cunha zona en
protección, sempre e cando se cumpran unha serie de parámetros en canto a
ruido, estética, túneles… O lugar por onde estaba previsto anteriormente, por
onde as Torrentes de Mácara, entendo que é dun valor paisaxístico moito maior
ca o das zonas por onde finalmente vai pasar, así se lle fixo entender aos
técnicos, que o entenderon favorablemente, e a autovía vai pasar por unha zona
LIC pero cun proxecto moi exhaustivo que nada ten que ver con outros proxectos
de autovías que non pasan pro zonas LIC.
Estamos
a ver que aparentemente é compatíbel o desenvolvemento de proxectos como a A-54
coa protección, pero, de cara ao futuro, como ve a zona, dentro de varias
décadas, mellor conservada, igual…?
Eu creo, de cara ao futuro, que para que se conserve como
s emerece unha zona LIC, ten que haber Plans de Ordenación de Recursos Naturais
(PORN); non podemos poñer amplas, enormes zonas como protexidas para logo non
ter un control. Falamos da fauna e falamos da flora; eu estou convencida de que
esa é unha zona na que hai incendios cada pouco tempo por mor de que non se fan
os desbroces pertinentes e non hai o coidado que debería de haber. Entón, eu é
o que proporía para poder conservar a zona con lóxica, porque non ten lóxica
que se declarase fai 20 anos un LIC e non se volvese facer nada ao respecto
ainda que se estea “adulterando” todo. Entón eu creo que hai que facer PORNs e
adaptalos a zonas concretas.
Relacionado
coa investigación paralela que desenvolvemos en Corrubedo, e co que algunha
xente nos dixo, cre que o descoido está directamente relacionado con que a
protección impide facer cousas e fai que a terra non aporte nada?
Claro; hai un abandono porque cada vez que alguén quere
algo, a administración seguimos a ser moi lenta e a xente ten que facer un
doble esforzo; pedir o informe, levalo aquí ou alí, esperar… Entón, chega un
momento que non se obtén beneficio: o esforzo vóvese tan grande que supón o
abandono, o cal se transforma en brezales enormes que acaban en incendios, e
claro, despois coa lei de incendios, creo que durante cinco anos iso é
intocable! Entón así, temos un círculo vicioso. Eu estiven lendo as propostas
que hai para rexer os LICs, e é certo que abren un pouco certas posibilidades…
pero a xente ten que ter información e débense axilizar os trámites. E logo hai
ver que zonas xa non serven para ser protexidas, porque xa non teñen interese,
degradáronse, non hai santolinas melidensis en todas partes. Alí onde haxa a
santolina deberíase facer unha zona de protección exhaustiva, e o resto
deberíase procurar o seu desenvolvemento aínda que se lle puxesen parámetros a
seguir.
O
LIC vese como unha atracción turística apra o concello?
Para nada. É un traballo que desde as administracións
temos que facer, pero como vai ter atracción sen sinalización, sen carteis que
te informen do que podes ver…? É dicir: é un todo que non é nada.
Pero
por exemplo, en Corrubedo, algunha xente queixouse de que as únicas inversións
eran en carteis e sinais…
Xa, pois aquí ningunha inversión. O único que temos os
concellos de zona LIC é unha orde de subvencións de 20.000 euros, que non é
nada, para realizar actuacións de acondicionamento de camiños, necesarias, e
que por encima están moi limitadas –teñen qe ser en zaorra, non poden ser con
asfaltos normais… etc- e cada vez que hai que facer algo os trámites son
lentos. É dicir; só hai esa inversión reducida para acometer absolutamente
todo… Eu recalco que é necesario o PORN no que estea absolutamente todo
estipulado.
Estades de acordo coa alcaldesa? Que vos parece a súa opinión?
Por;
Adriana Rodríguez
Mateo Varela
Manuel Ramiro López
Paréceme unha entrevista moi interesenta, a máis ineteresante realizada a políticos que vin no blog polo de agora xa que me da a impresión de que a alcaldesa contesta con moita sinceridade ás preguntas aínda que algunha das respostas sexa tirar pedras contra o seu propio tellado.
ResponderEliminarBo traballo.