30 de outubro de 2012

As diferenzas entre un ´LIC´e un Parque Natural


Neste primeiro artículo, imos ter en conta as diferenzas que hai en canto ó tipo de parque e a súa lexislación dos 2 casos que imos estudar. As dunas de Corrubedo trátase dun parque natural mentres que no caso da Serra d'O Careón é un LIC( lugar de importancia comunitaria). É importante recordar que os LICs, están dentro da Rede Natura 2000 e son nomeados como Zonas de especial protección dos valores naturais .

A declaración como parque naturais ou LICs, son competencia da Xunta de Galiza, a proposta da Consellería do Medio Ambiente.

Os 2 tipos de parque, tanto natural como o LIC, teñen a mesma función, a conservación de áreas naturais. Nos parques naturais hai que ter en conta, que non é tan só a protección e conservación de áreas naturais, tamén é importante a súa singularidade da súa fauna e flora ou formacións xeomorfolóxicas, ademáis de que posúen valores ecolóxicos, estéticos,educativos ou científicos cuxa conservación merece unha atención preferente.

En canto á limitación de actividades, nos parque naturais pódese limitar a entrada de visitantes, para  mellorar a conservación, cousa que nos LICs non pasa.

Nos parques naturais, tamén hai a posibilidade de limitar o aproveitamento dos recursos naturais, prohibíndose en todo caso os que sexa incompatíbeis coas finalidades da súa creación, mentres que nos LICs poderase seguir de maneira ordenada os usos e os valores tradicionais que non vulneren os espazos protexidos pero o resto actuacións como a construción de edificacións teñen que ter a autorización da Consellería do Medio Ambiente.
 
Por; Mateo Varela

 

16 de outubro de 2012

O logotipo de Erysan e o porqué do noso nome

Erysan xorde de nós como grupo formado na base dun tema de investigación centrado en dous ámbitos espaciais; O Careón e As Dunas de corrubedo. Por iso o noso nome é unha fusión de dous elementos presentes en sendos espazos; dúas plantas endóxenas tomadas no seu nome científico: o cardo mariño de Corrubedo -Eryngium maritimum- e a santolina melidensis d´O Careón -Santolina melidensis-; "Ery" da primeira delas e "san" da segunda.
Á hora de deseñarmos un logotipo, gostamos desde un primeiro, ao igual que na concepción do noso nome, de termos en conta que estamos a traballar nun espazo de interior e noutro de costa; un espazo de montaña fronte a outro marítimo. Porén, no noso logotipo, sintetizamos a serra en tres cadradiños verdes enriba dunha curva amarela que rodea un espazo azul; a montaña fronte á praia en liñas simplificadas, encaixando a serra en cadrados de verdes claro e escuro facendo referencia á súa altitude, en relación cun mapa hipsométrico, e definindo a praia e dunas nun espazo máis amplo entendido a través da apertura do parque de corrubedo ao océano.


Logotipo de Erysan

O inicio de Erysan

Ola a todos! somos un grupo de 5 estudantes de Xeografía e Ordenamento do Territorio na USC, temos criado este blog para establecer un espazo de debate, de diálogo e opinión sobre un tema no que indagaremos en profundidade ao longo de varios meses; a problemática social no medio rural por mor da protección de espazos naturais, centrándonos fundamentalmente en dous espazos: A Serra d´O Careón, no interior do nosos país e As Dunas de Corrubedo, na costa. Iniciamos este proxecto con inquedanza, ilusión e á espera de contarmos cunha participación activa; ben mediante o diálogo, a crítica construtiva ou a simple opinión persoal; que supoña un enriquecemento na nosa pesquisa. Convidámosvos a todos a seguir a nosa investigación e participardes!