22 de novembro de 2012

O debate até hoxe en Erysan


Desde que recentemente iniciamos a nosa andaina como grupo de investigación sobre a problemática social nos espazos de Corrubedo e O Careón, tomamos a decisión de que o noso espazo máis representativo, o noso blogue, debería  acoller o diálogo e a máxima participación dos internautas. Para isto, establecemos unha caixa de diálogo e permitimos comentar de xeito anónimo en cada entrada. O noso twitter é unha ferramenta no eido das redes sociais que nos permite facer chegar o debate cada día máis lonxe.

No noso espazo “Falemos” acontece até o día de hoxe o debate entre internautas máis vivo. Tivemos a sorte de atopar opinións variadas, algunhas totalmente contrapostas, e  en moitos casos de xente que asegurou, manténdose no anonimato, ser unha persoa afectada polo tema.

Ben é certo que Corrubedo levou até hoxe gran parte do protagonismo dentro dos dous espazos dos que falamos, mais nisto cómpre ter en conta varios feitos. Por unha parte, trátase do espazo natural máis visitado da Galiza (case 300.000 visitantes nos 9 primeiros meses de 2012, segundo a Consellaría de Medio Ambiente, procedentes sobre todo desde o conxunto do estado español). Por outra banda, a súa controversia social é perpetuamente maior, como teñen reflectido diversos artigos na prensa  galega e española. O diario español El País lanzaba en setembro de 2010 un rotundo titular “Corrubedo quere construír”, no que relataba a contraposición entre os veciños de sempre que querían e as necesidades de protexer o complexo, isto viña a que nesa época o conselleiro de Medio Rural promoveu unha liberalización nos trámites construtivos, coincidindo cunha época na que, no cambio de goberno da Xunta, se cancelaran os plans de ampliación do parque natural, xurdindo opinións a favor e en contra naquela época. A controversia social foi prolongada, aparecendo na prensa varias veces artigos relacionados, e continúa até hoxe en día, polo tema da construción, pero especialmente pola aparición en escena a posibilidade de estabelecerense piscifactorías no entorno de Corrubedo.

Nos comentarios que fomos recibindo no noso espazo “Falemos!” aconteceu un pequeno debate. Todo comezou cando un visitante se preguntaba por que na Galiza había poucos espazos protexidos, alegando á demanda popular crecente de protección do monte Pindo, en especial. A partir de aí, diversas persoas interviron, criticando as normas que impedían construír e, nalgún caso, mesmo manifestando que construír en zonas como o Pindo sería positivo dada a coxuntura económica, xa que favorecería o desenvolvemento; posición que foi duramente criticada por outros participantes do debate, predominando, en resumo, a opinión de que é necesario protexer e construír é impertinente . O debate continúa; nos últimos días un último participante fixo unha chamada ao consenso e a participación veciñal.

Animamos a todos os lectores a que participen e opinen neste debate, vivan onde vivan, e gostariamos de saber máis da opinión da xente, de Corrubedo mais tamén do Careón. Imos falar con veciños, con xente da administración, mais queremos saber a opinión de todos vós!.
 Manuel Ramiro López

9 comentários:

  1. Yo prefiero perder un poco de monte y no tener que emigrar. Parece mentira que gente tan joven tenga esa mentalidad tan anticuada, sin animo de ofender. Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Yo no estoy de acuerdo, soy una joven emprendedora, con una visión de futuro que va más allá de creer la insensatez de que construir en el Pindo sea algo positivo para nuesta economía;si veis que tal que construyan allí Eurovegas!! Un parque natural como el Pindo es algo que se debe preservar no destruir.

    ResponderEliminar
  3. O ter ou non ter que emigrar non creo que estea relacionado co monte. Resúltame curioso que fai anos cando a catástrofe do Prestige, todo o mundo estaba moi preocupado polo medioambiente, por recuperar as praias que se veran afectadas polo chapapote e a día de hoxe parece que a todo o mundo lle da igual. Fálase de urbanizar o Monte Pindo como se de Marina D'Or se tratase. O litoral galego non é Benidorm nin Marbella, non podemos destruir a nosa riqueza natural dunha forma tan criminal ou terminaremos como eses lugares.

    ResponderEliminar
  4. Juan Jesús Pazos Pedrayo22 de novembro de 2012 às 21:26

    Estou de acordo co primeiro comentario aínda que non me parecen esas as formas de dicilo. O crecemento económico ten uns peaxes que debemos pagar se o queremos acadar. A min non me vale que me vendades as vosas ideas progresistas e liberais como se fose o unico moralmente adecuado pois se asi fose aínda hoxe estaríamos a facer lume con duas pedra. Digovos isto como unha crítica constructiva e non ao contrario, pois a superioridade moral da ezquerda existe por moito que vos a neguedes. Sen máis despídome non sen antes recomendarvos un pouco de pluralidade e neutralidade á hora de abordar a vosa investigación porque vexo que aquí falta, e moito.

    ResponderEliminar
  5. Jacobo Manuel Fernandez-Curros Fernandez-Albalat22 de novembro de 2012 às 21:59

    Yo opino un poco como el señor Juan Jesús Pazos Pedrayo, en una coyuntura de crisis económica mundial no creo que esto sea una prioridad.

    ResponderEliminar
  6. En Erysan cremos que estamos a desenvolver un traballo honesto e transparente, a neutralidade só é totalmente visíbel para persoas neutrais, e é evidente que vostede, ao igual ca a xente á que critica, non o é, mais se relé o tal vez vexa que non hai posicionamento, só estrita análise do que se falou na prensa e no blog. Recoméndámoslle que se informe dos conceptos "progresismo" e "liberalismo" para empregar os termos de forma eficiente e coherente. A superioridade moral ideolóxica vai implícita no feito de defender unha ideoloxía determinada, é igual na dereita e na esquerda, como vostede nos demostra. Asemade, gostariamos que cada crítica construtiva se asentase sobre o alicerce da argumentación e documentación. Ún saúdo.

    ResponderEliminar
  7. É increíbel como se chega a defender a construcción de vivendas ou de infraestructuras en espazos naturais como pode ser o Monte Pindo. Vamos a caer no mesmo que nos levou á crise? Vamos a solucionar algo se deixamos desfacer os poucos naturais? Pensandeo, pero que opinaran os vosos netos cando vexan que a nosa xeración se cargou a natureza autoctona galega...
    Un saúdo para todos

    ResponderEliminar
  8. A dicir verdade Corrubedo é unha das zonas costeiras máis característica que coñezo, posúe un complexo dunar excepcional e un entorno que comprende unha variadísima fauna e flora, inda que tamen cabe decir que aínda que é unha das zonas protexidas de Galicia máis coñecidas existen outras das mesmas características como pode ser a praia de Valdoviño da que aprece que ninguén se acorda en estos temas. Abofé que a construcción en zonas como estas é un clarísimo atentado contra o medio, un erro demasiado grande que pagaríamos tódolos galegos xa que o meu parecer perderíamos en certa maneira cada galego dun dos nosos sinais de identidade. En canto a comentarios anteriores está claro que escribir é ben doado, pero identificar construcción con crecemento ou desenvolvemento é un clarísimo erro e exemplo disto estámolo a vivir coa construcción descontrolada que vivíu o noso país, e en canto a neutralidade política paréceme mal que alguén intente facer que nunha entrada que pretende abrir un debate sobre unha cuestión que nos afecta de cheo ós galegos, se convirta nun tema político.

    ResponderEliminar
  9. Seria bo revisar os datos oficiais sobre os número de vivendas baleiras existentes nos concellos implicados e nas súas comarcas.

    ResponderEliminar