3 de novembro de 2012

Parque Natural Dunas de Corrubedo e Lagoas de Vixán e Carregal


Gran Duna


No concello de Ribeira, no extremo occidental do litoral da Península do Barbanza, atópase o Parque Natural de Corrubedo (declarado en 1992), de aproximadamente 996,25ha, o cal se atopa composto por un complexo
dunar, onde se localiza a única Duna móbil de Galicia, cunha altura de 20 metros, froito da acción combinada do mar e do vento; e dúas lagoa, unha de auga doce en Vixán, característica dado a súa creación a partir do peche de una frecha litoral e outra máis salgada, a Lagoa de Carregal que mantén contacto mariño, pero non pola súa morfoloxía foron protexidas senón que nestes casos, tiveron moita importancia a flora e fauna local.
Lagoa de Carregal

Este Parque, atópase nunha zona declarada como LIC (Lugar de Interese Comunitario) dende 2001, cunha superficie que ascende a 9263ha. E con posterioridade, foronselle engadindo outros elementos de protección como a ZEPA (
Zona de Especial Protección de Aves) e a ZEPVN (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais)
 
Lagoa de Vixán

Pero chegados a este punto, habería que preguntarse se con tal protección deste espazo se conseguiu un verdadeiro ente protexido, ou se pola contra se creou un foco de atracción turística con case 300000 visitantes anuais, que xerou unha nova problemática?



http://www.vivelanaturaleza.com/parques_naturales/Corrubedo.php



Por: Begoña Pose e Adriana Rodríguez


3 comentários:

  1. Ineresante pero somentes estades facendo descripción. Onde está a investigación?

    ResponderEliminar
  2. A descrición supón unha introdución aos temas de estudo para os nosos lectores saberen máis dos espazos sobre os que falamos. Estamos preparando unha serie de publicacións que de contado entrarán de cheo no plano da investigación, tales como traballo de hemeroteca e entrevistas que estamos a concretar. Ao mesmo tempo, temos aberto un debate sobre a protección dos espazos naturais dentro do propio blogue que mantemos activo desde as redes sociais, pois cremos que a participación social pola rede en tempo real é indispensábel para indagarmos na opinión pública a día de hoxe.Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. De acordo. Moi ben!
    É recomendable a visión crítica e plural do tema. Tamén sería o facer unha entrada semanal comentando os debates que tedes aertos nas redes sociais e pedir participación.

    ResponderEliminar