19 de novembro de 2012

O custo das infraestruturas

Cartel da autovía A-54
 
En pleno século XXI, a construción dunha autoestrada é vital para a comunicación entre 2 cidades, como é o caso da futura A-54, entre as cidades de Lugo e Santiago.

O problema desta nova infraestrutura ven, porque no proxecto definitivo, pasará polo espazo natural denominado como LIC,da Serra do Careón entre os concellos de Melide e Palas de Rei. O proxecto para a autovía tiña inicialmente tres corredores, dos que se escolleu o que discorre case paralelo á nacional 547, a máis ao Sur. A elección deste trazado produciuse despois de varias reunións entre a Xunta e Fomento para tentar minimizar o impacto da estrada no Careón.

A situación é especialmente preocupante tendo en conta que o Careón alberga especies botánicas únicas no mundo como son os exemplares de Armeria merinoi, Leucanthemum gallaecicum e Santolina melidensis, todas elas incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como "en perigo de extinción".

Apertura das obras da A-54
Varios colectivos ecoloxistas, veñen de denunciar o proxecto desta obra ós poderes políticos na súa pouca implicación coa natureza.

A resposta da Xunta de Galiza deixou evidente que o proxecto non se ía cambiar e que a afección ía ser mínima, defendendo a construción de ate 3 viadutos para non interferir nos diferentes cursos fluviais.

O Ministerio de Fomento, na súa declaración de impacto ambiental, describe as medidas que se levaran a cabo antes, durante e unha vez finalizada a autoestrada. Como a participación dun equipo especializado que inspeccionara a zona en busca de especies en perigo con dificultade de movemento, todas as medidas posibles para evitar a contaminación das augas ou cando estea finalizada a limitación da velocidade.

Tal e como indica o BOE, o proxecto terá que respectar as medidas correctoras impostas na Declaración de Impacto Ambiental favorable, que conta co apoio da consellería de Medio Rural tras constatar "un impacto mínimo no LIC".

A pesar de todas estas precaucións, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) alerta de que o LIC quedará dividido en dous, illando a especies únicas no mundo.

Ante todo isto, temos que evaluar as 2 posicións, por un lado a protección do medio ambiente e por outra a mellora ou a construción dunha infraestrutura vital para a vertebración do interior da Galiza.

Enlaces acerca disto;

http://www.magrama.gob.es/es/prensa/ultimas-noticias/notas-de-prensa-din.aspx?tcm=tcm:7-54677-16
http://elpais.com/diario/2010/08/25/galicia/1282731490_850215.html
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/serra-do-careon-ameazada-pola-54/idEdicion-2010-10-23/idNoticia-603229/

Por; Mateo Varela e Aníbal Mejuto

2 comentários:

  1. Moi ben Matero e Anibal,

    Pero xorden preguntas. Cales son esas especies únicas no mundo?

    Que opinan os veciños do lugar?

    E os partidos políticos?

    ResponderEliminar
  2. As especies están mencionadas no artigo "Armeria merinoi, Leucanthemum gallaecicum e Santolina melidensis". Cos veciños falaremos moi pronto e reflectiremos a súa opinión nun novo artigo, tamén imos falar con algúns políticos para sabermos o que opinan. Un saúdo.

    ResponderEliminar