13 de janeiro de 2013

"Espazos protexido si pero non nas miñas fincas"


A Rede Natura 2000 é unha rede ecolóxica de áreas de conservación da biodiversidade dentro da UE. Con isto o que se busca é a supervivencia a longo prazo de especies e entornos ameazados ou cunha paisaxe singular. Polo que describimos é unha boa ferramenta para protexer e mitigar o dano provocado polo ser humano en certos lugares, pero beneficia a todos por igual?
A proclamación dun espazo como Rede Natura conleva a unha serie de restricións en canto ás actividades, que por un lado está ben pero polo outro non tanto. Con isto quérome referir a que moitas persoas con propiedades en terreos que pasaron a ser Rede Natura viron como as actividades se limitaban ou incluso se lles prohibían, como a utilización de maquinaria para limpar o monte.
Desta maneira, todos estes propietarios acabaran ou acabaron xa de abandonar as propiedades o que conleva a un maior perigo de incendios.
Non todo é limitacións de actividades, que por unha parte están ben feitas, como pode ser a construción de inmobles ou infraestruturas, tamén se pode ver a mala xestión por parte das autoridades. Con isto refírome a que se prohiben moitas actividades pero á hora de facer un parque eólico, unha minicentral, unha autoestrada ou o tren de alta velocidade non haxa trabas, de aí a enorme confusión por parte dos veciños.
A Rede Natura é unha ferramenta en potencia, xa que pode ser unha boa maneira de planificar e ordenar o territorio de Galiza, pero sen que haxa un plan de xestión ben elaborado e que sexa coñecido por todos, seguiremos sen sacarlle partida a esta boa ferramenta que tanto quebradeiros de cabeza está a causar os propietarios de terras. 

Por;

Mateo Varela Cornado

1 comentário:

  1. Completamente de acordo con vós e concretamente con Mateo.
    As figuras de protección e conservación foron de gran axuda para protexer moitos habitats galegos, e así temos a sorte que temos de presumir de entornos, paisaxes e ecosistemas autóctonos, aunque podían ser máis pero tamén menos.
    O problema é cando a protección deriva en abandono e prohibición da sociedade local.Penso que xestión e explotación non son opostos a protección e conservación, é mais, cando a poboación local xestiona e explota o seu hábitat sustentablemente, van a ser eles mesmos os que máis interese teñan por conservar e protexer o que é seu. Temos que cambiar o chip...
    Gran traballo, felicitacións a todos!!

    ResponderEliminar