15 de janeiro de 2013

Unha visita aos veciños do Careón


 
Unha tarde do mes de Novembro realizamos una visita polo LIC da Serra do Careón, en especial por aquelas aldeas que se sitúan no seu corazón, para coñecer de primeira man o que pensa a xente que alí vive.

A primeira parada foi na aldea de Vilouriz, onde unha señora saíu da casa ao vernos e nos atendeu moi amablemente. Ela, en primeira persoa, pouca información nos puido proporcionar, xa que non conta con terreos dentro do LIC, e polo tanto non se ve moi afectada. Para ela, a protección da zona parécelle ben, pero non comprende que non se poida limpar ou facer plantacións na túa leira, pero si instalar un parque eólico.

Ela mesma, que preferiu manterse no anonimato, contounos cousas que lle sucederan a veciños que si estaban afectados.

Por exemplo, unha das prohibicións e limitacións máis criticada polos veciños é a de que non se poden levar a cabo as actividades que desexen nas súas leiras, como plantar, talar ou mesmo limpar a leña. Apunta que por mor diso se producen os numerosos incendios de cada verán, xa que hai unha enorme maleza nos montes.

Puidemos falar con outras dúas veciñas, que nos comentaron esta problemática dende outro punto de vista, xa que elas si que están afectadas directamente, pero basicamente quéixanse das mesmas limitacións comentadas anteriormente.

Por;

Aníbal Mejuto

Begoña Pose

 

1 comentário:

  1. Eu estou afectado directamente por este espazo protexido. Nas miñas leiras non podo plantar o que desexo, nin desbrozar o monte, polo que estas zonas están todas cheas de maleza e leña.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar