18 de janeiro de 2013

E tras a nosa investigación estes meses …

Despois deste tempo de pescudas e de observación in situ podemos facer un breve resumo sobre o que descubrimos e podemos dar nós unha opinión ao respecto despois de termos visto puntos de vista tan dispares.

En primeiro lugar recordamos que estivemos analizando un LIC (Serra do Careón) e un Parque Natural, o complexo dunar de Corrubedo. Non son por tanto as mesmas restricións e non teñen os dous a mesma demanda turística, pero dun xeito común, crean problemas a hora de facer uso dos veciños as súas terras.

O caso de Corrubedo quizais nos creou máis impacto xa que tras entrevistas realizadas a membros do concello e  algún veciño moi implicado na causa, vimos que había moitas cousas escondidas para a sociedade. A parte das restricións que se poden facer sobre o terreo en relación á construción de vivendas cun determinado material ou o non cultivo de especies prexudiciais,etc. Non todo é tan sinxelo e non todos fixeron caso destras restricións por os coñecidos “amiguismos políticos”, ademais tampouco se levou a cabo o desenvolvemento de agricultura ecolóxica como se prometera.

Outras opinións tamén pensan que creou tanto conflito porque isto lle prohibiu quitar beneficio económico. Pódese dicir que esta e unha área turística, pero de turismo diario, a xente desprázase un día pasea polo complexo dunar e marcha, sen deixar ningún beneficio na zona. Co cal nin usan as súas terras nin sacan beneficio diso. Corrubedo garda unha enorme complexidade social e territorial dentro do que parece apenas un parque con praias e dunas.

No caso do Careón, non houbo tantos conflitos como en Corrubedo, excepto polo conflito na construción da autovía que une Santiago- Lugo, que nun principio ía pasar por unha zona onde tería máis impacto, pero aparentemente conseguiu desviarse. Algúns veciños quéixanse de que non poden plantar ou limpar o monte, pero polo demais non se ven os ánimos tan tensos. O Careón é un espazo menos complexo ca Corrubedo; non hai tensións e as queixas son limitadas, por outra banda, hai que ter en conta que aquí a presión sobre o solo e a afluencia turística son moito menores.

Como opinión propia, pensamos que a instauración destes espazos protexidos está ben para o coidado de certas áreas de interese , para súa conservación. Pero pensamos que non hai unha concienciación social con respecto a estes temas. A Xunta declara estes espazos pero non leva a cabo a xestión adecuada sobre eles, e ademais non cumpre as expectativas da poboación que perde os seus terreos e non saca ningún beneficio diso.

Por outra parte tamén creemos que a poboación, aínda que tivera estas terras, sobre todo no caso da costa, non quererían cultivar a terra, senón vender as súas terras a unha construtora e facer millóns para este tipo de urbanizacións fora da legalidade ambiental.

O espazo é o escenario de intereses, así xorden conflitos, controversia social e todo iso vese retroalimentado ao proxectarse no propio espazo. Isto, nalgúns espazos naturais, elévase ao expoñente.

Moitas grazas por seguirnos e participar!

O Grupo Erysan

1 comentário:

  1. Completamente de acordo con vós. Como se soe dicir está claro que "nunca chove a gusto de todos", sen embargo, penso que a Xunta, ao declarar estes espazos naturais, debería escoitar ós propietarios/as deses terreos e tentar buscar unha solución que pase pola conservación sen impedir que fagan uso das súas terras, causando así males maiores, como o aumento do risco de incendios, como comentabades.
    Por outra parte, está claro que os intereses económicos siguen e seguirán estando por riba da protección do medio. Como pretenden que dende as escolas se promova a conciencia ecolóxica nas futuras xeracións se quen ten o poder para facer algo antepón os intereses económicos á conservación do medio ambiente??
    Pero como di o dito "Só cando a última árbore estea morta, o último río estea contaminado e o último peixe atrapado, entenderemos que non se pode comer diñeiro".
    Noraboa polo voso traballo!

    ResponderEliminar