Ademais das
posturas dun político e dun veciño da zona, pareceunos de interese entrevistar
o catedrático de Xeografía Física da USC, Augusto Pérez Alberti, que no seu día formou parte da Xunta Rectora
do Parque Natural e que ten unha visión máis obxectiva pero de interese sobre
este tipo de espazos.
Augusto Pérez Alberti |
Que
problemas houbo a hora de elaborar os plans para a protección do Parque Natural
de Corrubedo con respecto os veciños?
Eu coñezo
Corrubedo, pero non desde o punto de vista dos problemas que trouxo entre a
sociedade local. De todas formas penso que en tódolos lugares onde se implanta
un espazo natural pola perda de dereitos sobre as terras causa problema, pero o
mesmo tempo vense beneficiados. No caso de Corrubedo, por exemplo, aínda que
non fora Parque Natural por cuestións lexislativas non poderían construír en
calquera sitio. Iso si, no Parque Natural a normativa é máis restritiva. Neste espazo, por exemplo, hai subvencións
para a construción de muros, para adaptar as casas a unhas a características …
A xente
sentiuse enganada polo que en principio os ía beneficiar, pero á hora da
verdade víronse limitados para manter as súas terras limpas, provocando así a
obstrución dos regos e a desecación das lagoas. Que opina?
Aí si que hai un
conflito, creo que nese caso se poden referir a lagoa de Vixán. Aí hai un
dilema sen resolver porque mentres uns opinan que se debe limpar a lagoa para
que siga funcionando como tal, outros defenden deixar que actúe a dinámica
natural e quede unha zona húmida e a lagoa desapareza. Eu, persoalmente creo
que debe seguir unha dinámica natural, pero non é menos certo que os veciños
antes cortaban o carrizo porque lles fai falta para outras actividades, pero
hoxe en día dubido que agora lle interese a alguén limpar iso.
Realmente penso que
o único que lles molestou os veciños foi non poder utilizar os solares do
parque para construír, non hai que esquecer que a zona do Vilar é un lugar
apetecible para facer urbanizacións.
Moitos
veciños pensan que o Parque os prexudicou a eles e motivou a chegada de xente
de fora a visitar o Parque. Que cre?
Realmente penso que
si os beneficia, a xente que se despraza alí busca onde comer e deixa diñeiro
na zona. Ademais, insisto, cando estaba alí había axudas, non sei neste momento
pola crise na que estamos... Penso, que é certo, a xente pode sentirse
defraudada, pero tamén penso que non hai unhas políticas da administración
adecuadas, eles mesmos non cren nisto.
No meu caso
concreto, podo dicir, que no goberno do bipartito nos reuníamos cada seis
meses, no goberno vixente, non sucedeu
nunca. Non hai unha política ambiental realmente preocupada no tema.
Entón non
hai unha política activa?
Non o creo, non
actúan como deberían. Porén, Corrubedo si que se viu beneficiado, coma todos os
Parques Naturais españois, directa ou indirectamente. Perde porque non se pode
construír, pero gaña porque se crea unha marca, “Corrubedo” , a xente vai alí. Fai
20 anos alí non ía ninguén.
Pero a
chegada masiva de turistas non degrada a
duna?, sobre todo antes que se podía subir a ela?
Claro que degrada a
duna, pero podes atraer moitas actividades de tipo ambiental, hai tres praias …
pero tampouco se di que aquí se permiten cousas que noutros lugares non; no
medio do Parque hai unha canteira, o cal non é nada positivo para o espazo. E
no entorno do Parque está a zona de Couso que está moi degradada por
piscifactorías. Penso que non hai unha planificación racional do sistema.
Tanto
funcionarios como veciños pensan que o Parque está dividido entre as dunas e as
lagoas e a proposta era construír pasarelas por dentro para facer rutas de
sendeirismo, como ve isto?
Facer un enlace
directo sería prexudicar a marisma. Poderíase facer un paseo polo borde pero
nunca polo medio, xa que costaría moito diñeiro e sería un forte impacto para a
zona. Polo borde si que podería ser positivo xa que se aproveitarían camiños xa
existentes e só e cuestións de limpalos.
É complicado, había
que combinar unha boa xestión con conservación. Pero o tema dos veciños e máis
complexo, porque eles poden seguir cultivando, eu creo que, aínda que eles non
o digan, o que querían é que as súas terras fosen solares.
Por outra parte,
tamén creo que hai zonas edificadas que están no limite do Parque e, tendo en conta
o manto eólico, deberíase manter máis distancia.
Outra queixa
dos veciños é que se repoboou a zona con animais, como o xabarís e que isto
afectou gravemente os cultivos...
Iso é unha lenda
urbana, hoxe en día xabarís hai moitos, dubido moito que os botaran alí. Pero
aínda si, se sucede algún imprevisto, os veciños reciben subvencións para os
danos ocasionados.
Entón pensa
que está ben protexer pero que falla a xestión?
Créanse Parques
pero non se cre nisto. De todas formas, sigo defendendo, que a creación de
Parques Naturais é beneficiosa para as zonas nas que se fai, especialmente nas
zonas máis deprimidas.
Como ve este
espazo dentro de 50 anos?
Se non fose Parque
xa estaría totalmente degradado, xa non existiría. Sen Parque, as casas
estarían na beira da duna, estaría urbanizado de punta a punta.
E vós, que credes deste outro punto de vista?
Por;
Begoña Pose
Aníbal Mejuto
Adriana Rodríguez
Manuel Ramiro López
.
E vós, que credes deste outro punto de vista?
Por;
Begoña Pose
Aníbal Mejuto
Adriana Rodríguez
Manuel Ramiro López
.