Esta serra pertence á Dorsal Galega, e é un pequeno cordal montañoso de perfil en chanzos e amesetado e relevos suaves, que está cuberto por extensas áreas de matogueira. O seu rango altitudinal vai dende os 320 aos 798 m, cunha media duns 550m.
O Río Furelos, xunto con numerosos afluentes da súa cabeceira, presenta unha baixa sinuosidade e un caudal considerábel (media anual de 6.36 mᶟ/seg).
Desde este río esténdese, sobre todo cara o sueste de Melide, unha ampla chaira de nivel aquitaniano. Esta chaira sitúase sobre un substrato pétreo de gran dureza, responsábel desta morfoloxía chá.
A singularidade da área reside na súa litoloxía, que constitúe o afloramento de rochas ultrabásicas máis extenso do noroeste ibérico.
Parte desta área foi incluída polo Instituto Geológico y Minero de España no rexistro de Puntos de Interese Xeolóxico a causa do seu particular rochedo.
O efecto tóxico producido nos solos pola elevada concentración de metais pesados das rochas ultrabásicas, entre outras causas, foi un factor moi selectivo sobre a vexetación, fomentando a especialización e determinando que a área sexa un dos centros de endemicidade máis importantes da Península.
Así, o LIC posúe unha excepcional relevancia no ámbito galego polo gran número de endemismos serpentinícolas e taxons raros no país galego e por albergar algunhas plantas que, á parte de seren endemismos estritos desta zona, encóntranse claramente ameazadas a escala estatal, como é o caso de Armeria merinoi, Santolina melidensis e Leucanthemum gallaecicum, as dúas primeiras en perigo crítico de extinción.
A creación deste elemento de protección supuxo tanto unha limitación de usos para os veciños afectados como unha maior conservación desta importante zona. Compensa protexer este espazo en detrimento dunha maior diversidade de usos?
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=16855
Por: Manuel Ramiro López e Anibal Mejuto
Moi ben, pero tedes que respostar as preguntas que planteades
ResponderEliminar