Neste primeiro artículo, imos ter en conta as diferenzas que
hai en canto ó tipo de parque e a súa lexislación dos 2 casos que imos estudar.
As dunas de Corrubedo trátase dun parque natural mentres que no caso da Serra
d'O Careón é un LIC( lugar de importancia comunitaria). É importante recordar
que os LICs, están dentro da Rede Natura 2000 e son nomeados como Zonas de
especial protección dos valores naturais .
A declaración como parque naturais ou LICs, son competencia
da Xunta de Galiza, a proposta da Consellería do Medio Ambiente.
Os 2 tipos de parque, tanto natural como o LIC, teñen a
mesma función, a conservación de áreas naturais. Nos parques naturais hai que
ter en conta, que non é tan só a protección e conservación de áreas naturais,
tamén é importante a súa singularidade da súa fauna e flora ou formacións
xeomorfolóxicas, ademáis de que posúen valores ecolóxicos, estéticos,educativos ou científicos
cuxa conservación merece unha atención preferente.
En canto á limitación de actividades, nos parque naturais pódese limitar
a entrada de visitantes, para mellorar a
conservación, cousa que nos LICs non pasa.
Nos parques naturais, tamén hai a posibilidade de limitar o
aproveitamento dos recursos naturais, prohibíndose en todo caso os que sexa incompatíbeis
coas finalidades da súa creación, mentres que nos LICs poderase seguir de
maneira ordenada os usos e os valores tradicionais que non vulneren os espazos
protexidos pero o resto actuacións como a construción de edificacións teñen que
ter a autorización da Consellería do Medio Ambiente.
Por; Mateo Varela
Interesate Mateo, pero seria oportuno engadir links (enlaces) a webs ou documentos referidos a estas dúas figuras de protección.
ResponderEliminarEn canton a Galicia, onde están? cales son?