Un dos principais acontecementos que
ocorren nas costas galegas, a día de hoxe, é a implantación de piscifactorías,
pero nalgúns casos habería que preguntarse se o emprazamento escollido polas
institucións é o mais adecuado e respectuoso co medio.
Este caso ten unha importante relevancia
no ámbito do Parque Natural de Corrubedo, no cal, no ano 2007 se pretendía
situar o seu carón unha piscifactoría que ocuparía uns 308.000 m² e que acabaría lindando co mesmo complexo
húmido. Esta cuestión suscitou unha importante problemática no eido veciñal,
así como en diferentes grupos ecoloxistas e asociacións como mariñeiras, aínda
que non sempre buscando unha maior protección do parque, senón que mentres un
colectivo defendía a biodiversidade e morfoloxía do complexo, outros buscaban
os seus propios intereses.
Neste ano o tema volve os medios, xa que
a Xunta, mediante o Plan Director de Acuicultura Litoral, matiza neste tema e
deixa clara a posibilidade de construción das piscifactorías a pesar da
protección dos espazos. Veciños e ecoloxistas quéixanse desta medida porque o
ven como un “ataque” á costa a favor da produción de peixe. Neste momento, O
Tribunal Superior de Xustiza Galego, da pé a que calquera colectivo defenda os
espazos protexidos en contra de empresas e do propio goberno. Así tamén
destacar a postura do Secretario Xeral de Adega que trata a insustentabilidade
deste tipo de industria porque recorta o turismo e pode destruír postos de
traballo.
E vostede que opina sobre a implantación de piscifactorías en espazos coma este? como ve un emprazamento así en medio século?
http://praza.com/movementos-sociais/266/a-xustiza-cuestiona-o-plan-da-xunta-de-permitir-a-instalacion-de-piscifactorias-en-espazos-protexidos/http://elpais.com/diario/2007/11/05/galicia/1194261489_850215.html
Adriana Rodríguez
Begoña Pose
Indignante que se intenten explotar zonas como estas de este xeito, tendo a nosa comunidade outras zonas sin ser espazos naturais e moito mellor dotados de infraestructuras para o desarrollo deste tipo de industria. Se os galegos non cuidamos o noso litoral quen o vai a facer?
ResponderEliminarMoi ben Begoña, pero seria bo buscar opinións diversas de diferentes actores implicados
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarRespondendo o comentario de Carlos Ferrás así como ampliación á información do outro comentario, dicir que, como xa se tratou nesta entrada, os intereses non son para todos iguais, iso está claro.Esta claro que o desenvolvemento da acuicultura é moi importante para o mercado pesqueiro galego, pero como nos responderon moitos dos entrevistados en Ribeira, prodúcese pescado sí, pero non xera empregos suficientes, como moito 10 persoas traballan nas piscifactorías... Por tanto considerando estes inconvenientes, é mellor apoiar as acuiculturas pero fora dos espazos protexidos e onde causen unha degradación importante do medio físico. Na seguinte noticia: " a pesca extractiva non pode proporcionar máis proteínas das que xa prové"
ResponderEliminar(http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/02/11/piscifactoria-mitad-tiempo/0003_201202G11P44993.htm?idioma=galego)
Necesítase desenvolver a acuicultura e pode ser un factor de desenvolvemento económico, pero con" unha planta acuícola que apenas altere o contorno.