O luns, 19 de novembro de 2012, reuininme co alcalde de Ribeira (PP), Manuel Ruíz, na casa consistorial para coñecer a súa visión e opinión sobre Corrubedo.
Manuel Ruíz, alcalde de Ribeira
Cree que as medidas tomadas para a
conservación do Parque de Corrubedo son moi restritivas ou poderíase ampliar os
usos do solo dentro do Parque?
En
xeral non o creo, na miña opinión en algunhas zonas si se poderían levar a cabo
actividades tradicionais, como actividades agrícolas . Pero en xeral, estas
medidas si son necesarias. Pero de todos xeitos, creo que se debería elaborar
un Pan Rector ou de usos, para que os veciños xa non teña dúbidas sobre o que
se pode facer neste espazo e os conflitos mingúen. Ademais sería interesante
que eses 300.000 visitantes que se acercan ó parque puidesen deixar algo nel.
A declaración como Parque Natural deste
espazo, cre que contribuíu realmente para a súa conservación?
En
conxunto, si contribuíu a súa conservación, e en particular, pola saca de area
que se daba na Gran Duna antes da declaración deste espazo, aínda que na miña
opinión o acceso a Duna impedía o seu deterioro. Pero ó mesmo tempo, e
imposible que coides algo se non ten unha vertente social, porque nese caso
abandonase, de aí que na miña opinión a Duna debe ser visitada pero con control.
Cre que as medidas prometidas ós veciños
se levan a cabo realmente a cabo?
É
cuestionable que todas as medidas sexan levadas a cabo, dado que estas son
multitudinarias e na actual situación imaxino que o orzamento non será moi
elevado e nunca se poden cumprir todas
Sería necesaria unha ampliación do
Parque?
Ampliar
o Parque como tal non, pero xa se están levando a cabo medidas de protección
cono o ZEPA ou LIC que se estenden ata o municipio de Porto do Son. E si
estaría de acoro con protexer outras zonas pero non necesariamente pegadas ó
Parque.
Cree que a opinión pública mellorou
dende a declaración deste espazo en 1992?
Houbo
unha gran problemática social, que aínda chega ata os nosos días a causa de que
a concepción das terras muda, dende o momento da declaración do Parque Natural,
os veciños son conscientes de que as leiras son diferentes. Pero non mudaron a
concepción de que o Parque non aporta riqueza, o que xera un inconveniente.
Como ve o Parque dentro de 50 anos?
Sería
preciso medidas para valorizar a economía do Parque pero mantendo valores
naturais. Na miña opinión, se non se consegue dinamizar a economía neste espazo
dificilmente se vai a conservar, poderíanse por exemplo realizar Rutas a Cabalo
ou diversas rutas de sendeirismo para manter unido o Parque. Por tanto a
economía é un dos motores do concello e se isto se fomenta, o Parque estará ben
conservado.
En síntese que opinión ten do Parque?
A
declaración de Parque, mudou a conservación do mesmo así como a opinión da
poboación que reside tanto no propio Parque como en áreas próximas do que é realmente protexer recursos naturais.
A raíz
disto, dáse un importante movemento de persoas, pero falta remítome de novo ó
pouco desenvolvemento da economía na zona, pois os visitantes, deberían poder
acceder a servizos impulsados polos veciños o que lles permita sacar beneficio.
Interesante entrevista para ver o punto de vista de un alcalde da rexión, pero, como ocurre casi sempre nos nosos blogs as entrevistas con políticos non adoitan aportar máis que datos obxectivos e opinións que intentan satisfacer a todas as partes implicadas.
ResponderEliminarA pesar de esto, vendo as respostas de Manuel, eu creo que intenta aportar valores medioambientais e de convivencia cos veciños (como político) pero ten un punto de vista demasiado económico do parque e dos seus usos e obxectivos
Moi boa entrevista. Sempre está ben coñecer a opinión dos políticos, ainda que non conten nada novo e sexan sempre moi diplomáticos. Para a zona é importante os beneficios que aportan os visitantes do Parque, e por eso é importante a súa conservación nun bo estado. Non sei se os paseos a cabalo ou o senderismo é o idóneo para esto.
ResponderEliminarEstou de acordo co alcalde en que se debería dinamizar máis a zona, xa que hoxe en día este parque non da moitos beneficios. Non digo montar aquí un complexo hoteleiro ou algo parecido, pero sí establecer unhas rotas dende as que se poida ver máis de preto o parque e así poder coñecelo máis a fondo.
ResponderEliminarTodo poder político tende a ser diplomático e a sacar beneficios económicos, neste caso estou dacordo ca idea de Anibal, sería interesante a creación de roteiros na zona, e tendo en conta a aportación de Arturo, poden ser a cabalo, bici, ... O caso é o desenvolvemento do concello.
ResponderEliminarun saúdo.
JULIA POZO