Era venres, 16 de novembro de 2012, orballaba e batía un vento fresco.
Tras termos visitado a Gran Duna, saímos dar un paseo pola zona de Olveira para
falar cos veciños.
A Gran Duna Móbil, o día que a visitamos (Fotógrafo: Aníbal Mejuto)
Unha muller, que camiñaba pola beira da
estrada principal, mirounos intrigada, ao lle dicir se podiamos facer algunha
preguntas sobre o Parque, a muller rexeitou falar con nós, alegando unha
repentina présa.
Non había case ninguén por fóra;
decidimos chamar á porta nunha casa, unha
muller amábel, que preferiu o anonimato, contounos que a ela en concreto o
Parque lle parece ben, pero que
prohibían moitas cousas: "eu non podo nin ir pasear co can, nin que preso o leve, non podo!", tamén lle preguntamos polos seus veciños: "eu non entendo é
que nin unha casiña deixen facer, alí atrás da miña casa levaron a luz, a auga,
todo!, e paráronlle unha obra". Agradecemos á muller que nos conte cousas e
marchamos daquela casa rodeada de altos muros do pé da estrada principal.
A zona de Olveira
Xa
nunha pista secundaria, nunha casa ben diferente de planta baixa e sen muro nin
xardín, atendeunos un home de mediana idade: "hoxe en día, ter terras aquí non
ten nada de positivo, métense en todo, non nos deixan pisar en ningún sitio, nin
levantar unha cerca ao noso gusto… é bo para os turistas, a eles nunca se lles di
nada, aquí veñen de fóra, dinnos o que temos que facer..., e eu só sei que nos
tocou a nós, noutras zonas da costa están como lles da a gana e teñen turismo
igual, mirade Sanxenxo, por exemplo” quéixase, mais de xeito anónimo.
En xeral vimos descontento dos veciños, tamén
falta información en certo modo de daren nomes.
E vós, credes que este malestar veciñal está
xustificado?
Por; Mateo Varela, Aníbal Mejuto e Manuel Ramiro López
Sem comentários:
Enviar um comentário