O venres 23 de novembro, tivemos a oportunidade de falar con
varios funcionarios do concello de Riveira e coñecer a postura tanto persoal
como a do concello respecto ó parque natural de Corrubedo e os problemas sociais
que causou a súa declaración.
Puidemos ver as distintas opinións que hai dentro do mesmo concello.
No que coinciden é que a declaración como parque mellorou a protección
do parque, como a limitación de actividades, entre elas a prohibición de
acceder en automóbil ou impedir a extracción de áridos. Un dos funcionarios
dixo literalmente: “faltaban 800000 ptas para a festa, polo que empezaron a
carrexar camións de area”
En canto ao que nos din sobre a opinión dos veciños, estes están fartos
de tantas prohibicións, xa que as medidas son moi excesivas. Tamén é certo que
xa tiñan os terreos afectados antes da declaración do parque xa que moitos
tiñan as súas propiedades en dominio público (próximas á costa). Aínda que na
actualidade os veciños van aceptando pouco a pouco o parque natural, e que
tiveron acceso a axudas económicas.
Tamén tivemos a oportunidade de ver como afectou o turismo á zona. Unha
das posturas é que coa declaración como espazo protexido, hai unha maior
influencia de turistas, o que causa unha maior degradación, aínda que a
influencia dos turistas viuse limitada coa prohibición de subir á duna, algo
que é moi cuestionable por parte dun dos funcionarios “Ti chegas á duna,vela
e dislle ola!”
No concello vimos que se opuxeron á construción da piscifactoría, tanto
polo seu emprazamento como pola actividade que se ía levar.
A solución que nos propoñen os funcionarios para os problemas veciñais é
a elaboración dun plan rector para desta forma saber os usos do solo e en que
sitios se poderían facer.
Por último, ven o parque natural en 50 anos de distinta maneira, por
unha parte hai quen nos di que a duna desaparecerá debido á subida do nivel do
mar, outra opinión é que desaparecerá ou
haberá un cambio na mentalidade das persoas en canto á conciencia
medioambiental.
Cres que as administracións locais se deberían involucrar máis cos veciños?
Anibal Mejuto
Adriana Rodriguez
Mateo Varela
Na miña opinión débense limitar perfectamente os límites do parque tanto para a sua protección ambiental como para comodidade e tranquilidade dos veciños.
ResponderEliminarPor outra banda entendo as queixas dos veciños ante o gran número de prohibicións coas que se atopan na sua vida diaria ou se os límites do parque se introducen nas suas terras e propiedades. Pero creo que si se consigue conservar o parque en boas condicións no futuro e se atopan formas máis sustentables de explotalo turísticamente, este debería ser beneficioso de para a rexión tanto ambiental como económicamente. Estou convencido de que os veciños piden xogar un papel fundamental nesta tarefa, polo que as administracións deberían darlles máis importancia e ter en conta as suas opinións.
Eu creo que se deben limitar a facer BEN o seu traballo, se éste se fixera de xeito correto, cumplindo as leis, normas,...
ResponderEliminarQue se acheguen aos veciños é un paso que deben dar todas as institución spara darse conta das limitacións que provoca o parque na zona, e sabendo os problemas socias pódese chegar a un solución dos mesmos facilitando a vida dos habitantes da zona.
JULIA POZO