16 de outubro de 2012

O logotipo de Erysan e o porqué do noso nome

Erysan xorde de nós como grupo formado na base dun tema de investigación centrado en dous ámbitos espaciais; O Careón e As Dunas de corrubedo. Por iso o noso nome é unha fusión de dous elementos presentes en sendos espazos; dúas plantas endóxenas tomadas no seu nome científico: o cardo mariño de Corrubedo -Eryngium maritimum- e a santolina melidensis d´O Careón -Santolina melidensis-; "Ery" da primeira delas e "san" da segunda.
Á hora de deseñarmos un logotipo, gostamos desde un primeiro, ao igual que na concepción do noso nome, de termos en conta que estamos a traballar nun espazo de interior e noutro de costa; un espazo de montaña fronte a outro marítimo. Porén, no noso logotipo, sintetizamos a serra en tres cadradiños verdes enriba dunha curva amarela que rodea un espazo azul; a montaña fronte á praia en liñas simplificadas, encaixando a serra en cadrados de verdes claro e escuro facendo referencia á súa altitude, en relación cun mapa hipsométrico, e definindo a praia e dunas nun espazo máis amplo entendido a través da apertura do parque de corrubedo ao océano.


Logotipo de Erysan

1 comentário: