Á hora de deseñarmos un logotipo, gostamos desde un primeiro, ao igual que na concepción do noso nome, de termos en conta que estamos a traballar nun espazo de interior e noutro de costa; un espazo de montaña fronte a outro marítimo. Porén, no noso logotipo, sintetizamos a serra en tres cadradiños verdes enriba dunha curva amarela que rodea un espazo azul; a montaña fronte á praia en liñas simplificadas, encaixando a serra en cadrados de verdes claro e escuro facendo referencia á súa altitude, en relación cun mapa hipsométrico, e definindo a praia e dunas nun espazo máis amplo entendido a través da apertura do parque de corrubedo ao océano.
Logotipo de Erysan
Moi ben!, interesante logotipo
ResponderEliminar