En primeiro lugar
recordamos que estivemos analizando un LIC (Serra do Careón) e un Parque
Natural, o complexo dunar de Corrubedo. Non son por tanto as mesmas restricións
e non teñen os dous a mesma demanda turística, pero dun xeito común, crean
problemas a hora de facer uso dos veciños as súas terras.
O caso de
Corrubedo quizais nos creou máis impacto xa que tras entrevistas realizadas a
membros do concello e algún veciño moi
implicado na causa, vimos que había moitas cousas escondidas para a sociedade.
A parte das restricións que se poden facer sobre o terreo en relación á
construción de vivendas cun determinado material ou o non cultivo de especies
prexudiciais,etc. Non todo é tan sinxelo e non todos fixeron caso destras
restricións por os coñecidos “amiguismos políticos”, ademais tampouco se levou
a cabo o desenvolvemento de agricultura ecolóxica como se prometera.
Outras opinións
tamén pensan que creou tanto conflito porque isto lle prohibiu quitar beneficio
económico. Pódese dicir que esta e unha área turística, pero de turismo diario,
a xente desprázase un día pasea polo complexo dunar e marcha, sen deixar ningún
beneficio na zona. Co cal nin usan as súas terras nin sacan beneficio diso. Corrubedo
garda unha enorme complexidade social e territorial dentro do que parece apenas
un parque con praias e dunas.
No caso do
Careón, non houbo tantos conflitos como en Corrubedo, excepto polo conflito na
construción da autovía que une Santiago- Lugo, que nun principio ía pasar por
unha zona onde tería máis impacto, pero aparentemente conseguiu desviarse. Algúns
veciños quéixanse de que non poden plantar ou limpar o monte, pero polo demais non
se ven os ánimos tan tensos. O Careón é un espazo menos complexo ca Corrubedo;
non hai tensións e as queixas son limitadas, por outra banda, hai que ter en
conta que aquí a presión sobre o solo e a afluencia turística son moito
menores.
Como opinión propia,
pensamos que a instauración destes espazos protexidos está ben para o coidado
de certas áreas de interese , para súa conservación. Pero pensamos que non hai
unha concienciación social con respecto a estes temas. A Xunta declara estes
espazos pero non leva a cabo a xestión adecuada sobre eles, e ademais non
cumpre as expectativas da poboación que perde os seus terreos e non saca ningún
beneficio diso.
Por outra parte
tamén creemos que a poboación, aínda que tivera estas terras, sobre todo no
caso da costa, non quererían cultivar a terra, senón vender as súas terras a
unha construtora e facer millóns para este tipo de urbanizacións fora da
legalidade ambiental.
O espazo é o
escenario de intereses, así xorden conflitos, controversia social e todo iso
vese retroalimentado ao proxectarse no propio espazo. Isto, nalgúns espazos
naturais, elévase ao expoñente.
Moitas grazas por
seguirnos e participar!
O Grupo Erysan